ENTROIDO NO CEIP DA
RAMALLOSA!

Aquí, no concello de Teo, o
entroido é unha celebración especial e agardada por tod@s, e mais despois
destes anos de pandemia.
Este ano, o tema do noso ENTROIDO RAMALLOSEIRO xirou en torno ao
PATRIMONIO: a cultura, a lingua, a sociedade... galega.
Comezamos a SEMANA DE ENTROIDO cos MANDADOS DO MECO:
Na páxina web do centro podedes ver os VÍDEOS das diversas actuacións que fixeron tod@s @s alumn@s o día da nosa GALA DE ENTROIDO ANTONIO FRAGUAS.
* Aquí vos deixo o enlace directo a nosa actuación:
E Elaboramos conxuntamente a nosa MASCARA DE PANDEIRETEIRA para a decoración do pavillón o día da festa de entroido.
· Na aula, habilitamos un pequeno RECHUNCHO con prendas e artículos de
entroido para que empregasen libremente para caracterizarse.
·
Tamén realizamos un taller de ANTEFACES.
Aproveitamos que o noso cole
forma parte dun concello no que se preserva o entroido máis tradicional, e onde
a figura dos XENERAIS
DA ULLA, teñen especial relevancia. E así o quixemos representar
trasladando parte de ese entroido ata a nosa escola.
De cara á gran festa de
entroido (17.2.2023) no ciclo de Educación Infantil decantámonos por algo moi
representativo do noso folclore, o TRAXE TRADICIONAL.
Apostamos por conxugar
vangarda e tradición, pero sempre dende o agarimo e o respecto.
Tanto foi así, que para
documentarnos, pedímoslle á asociación cultural A MÁMOA (de Luou) que
acudise ao noso centro para mostrarnos e falarnos das diferentes prendas que
conforman o noso traxe tradicional e tamén cal é a orixe do traxe e a diferenza
entre os traxes de gala e de cotío de mulleres e homes.