luns, 5 de outubro de 2015

2 CRISÁLIDAS

Durante a fin de semana as nosas EIRUGAS sufriron varios cambios, que puidemos observar hoxe.





Tiñamos 7 EIRUGAS, das cales:

* 2 pasaron á fase de CRISÁLIDA, tamén chamada "pupa". É o momento no que a eiruga comeza a metamorfose (cambio de eiruga a bolboreta). 
Antes de pasar a crisálida, a eiruga suxeitase cun fio de seda, coma se fose un arnés ou cinturón, para así non caer. Tamén se fixa pola zona do ano. 
A cor das nosas crisálidas é verde con manchiñas amarelas.



* 1 está colocada para comezar a facela, estará mañán?




* 1 morreu.








* 3 seguen comendo fiuncho para seguir medrando antes de facer a crisálida.




Temos un DIARIO DE REXISTRO DE OBSERVACIÓN DAS EIRUGAS que iremos completando cos datos da nosa observación diaria. Pegaremos as fotos do proceso e os pequechos irán escribindo nel.





Cando remate o proceso colocarémolo fora da aula para que todas as familias poidades consultalo e miralo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.