xoves, 15 de outubro de 2015

CAEU A CRISÁLIDA!

Menudo susto!

Hoxe cando chegamos, a única CRISÁLIDA que tiñamos fora da urna non estaba no marco da porta!


O primeiro que pensamos foi que caera, así que miramos no chan... pero alí non estaba. Ao levantar a vista fixámonos que estaba na mesa





Cambiara de cor, estaba dun marrón moi escuro e dura... Metémola dentro da urna xunto cas outras 5. Comprobamos que 4 crisálidas seguían verdes con manchiñas amarelas, pero as 2 crisálidas das eirugas que se escaparan, eran desa cor marrón escura


Pasaralles algo? Farán igual a metamorfose? Sairán as bolboretas?... Teremos que deixar pasar ao tempo para respostar estas cuestións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.