venres, 21 de outubro de 2016

FOMOS DE VODA!




Si... como ledes! Hoxe no CPI DE PONTECESURES, @s alumn@s de e de Educación Primaria fomos de VODA

E quen casaba? Pois a neta da avoa do conto "Corre, corre cabaciña", que estamos a gravar.


Puxéronse tod@s elegantes para asistir á voda do ano!

Mirade que guap@s estaban todos e que ben o pasaron durante a gravación, cada un metido no seu papel. 



O mellor foi gravar as escenas do baile: primeiro o vals de rigor, e despois... caña!


A semana que ven seguiremos coa gravación das esceas restantes. Así que teredes que agardar un pouquiño máis para poder velo. Mentres, podedes gozar da versión orixinal do conto e da canción de "CORRE, CORRE CABACIÑA"






* Moitas grazas a todas as familias por colaborar con todas e cada unha das cousas que propoñemos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.