domingo, 23 de outubro de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

A MOCHILA VIAXEIRA comezou a súa andaina polas casas d@s pequech@s. Esta iniciativa xorde en colaboración co equipo de dinamización da biblioteca, para fomentar a lectura.

Dentro da mochila inclúense libros de diferentes xéneros e temáticas, non só para @s nen@s, tamén para os adultos. 





Ademais inclue unha libreta na que se lles pide ás familias que opinedes sobre o contido da mesma.







A mochila marchará cada venres, e deberá volver ó venres seguinte. Espero que toda a familia goce lendo!





A mochila marchou para a casa de ROIEspero que toda a familia goce lendo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.