luns, 3 de outubro de 2016

O ROBOT DE HELENA



Hoxe recibimos unha visita moi interesante... un grupo de alumn@s de 3º de E.P., que traían algo moi interesante para ensinarnos.




Helena, na fin de semana, acudiu a unha convención de inventos, e realizou un taller no que construiu un pequeno ROBOT

Helena e os seus compañeiros explicáronnos o funcionamento do robot, que ten unha placa cuns botonciños de cores, que hay que pulsar para predeterminar o percorrido que queremos que faga. 


Escoitamos e observamos atentos, fixémoslle preguntas, e démoslle voltas a eso dos inventos e dos inventores...

Como viñeron a última hora da mañán, non nos deu tempo máis, pero encántanos que outr2s compañeir@s veñan á nosa aula a contarnos cousas tan interesantes coma estas.

Grazas @s alumnos de 3º e á súa mestra Teresa. Ata cando queirades!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.