venres, 21 de outubro de 2016

MEDO NAS AULAS

A semana que ven estará adicada ó SAMAÍN, por iso comezamos a decorar todo o corredor do noso edifico con cousas "terroríficas": teas de araña, calabazas, pantasmas, esqueletos e... unha gran BRUXA preparada para cociñar a tod@s @s alumn@s. 




Esto era o que andábamos argallando dende a semana pasada, e este é o resultado: un photocall que xa estiveron probando!




Ademais para participar no Certame de relatos e videos de medo do noso cole, gravamos unha curtametraxe titulada "MEDO NA ESCOLA".

Preparádevos para tremer e gritar...



 * Lembrade que a partir de LUNS podedes traer as vosas CABAZAS decoradas para que formen parde da exposición do SAMAÍN 2016

Grazas de antemán, pola vosa colaboración. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.