venres, 28 de abril de 2017

APRENDENDO DE OUTROS NIVEIS...

A aprendizaxe diaria na aula, pode, e debe darse, de múltiples e diversas maneiras. Nós hoxe puidemos vivir unha maneira que nos encanta... a interción con outros niveis. 

Neste caso, @s alumn@s de 3º de E.P.  viñeron a nosa aula para lernos unhas entrevistas que lles fixeron aos seus avós sobre a súa infancia.



Aprendemos o que é unha entrevista e das respostas que deron os avós e avoas, aprendemos un montón de curiosidades sobre os nosos antepasados: que diferente era a vida hai algúns anos, que dura e difícil era a infancia, como mudaron as escolas e os mestres, os xogos e xoguetes...

Encántanos poder aprender d@s nos@s compañeir@s! Moitas grazas por vir!

Pronto iremos nós á súa clase a realizar unha exposición sobre... xa o descubriredes!

mércores, 26 de abril de 2017

CONSTRUCIÓN DE COUSAS NOVAS

Hoxe realizamos un TALLER DE RECICLAXE, baixo o nome:

CONSTRUCIÓN DE COUSAS NOVAS




Primeiramente, Sila, a monitora encargada do taller, deulle unha pequena charla introductoria sobre a importancia do coidado da natureza e do reciclaxe.



Posteriormente, comezamos o taller, no que paso a paso transformamos un brik de leite nunha CARTEIRA ben feituca.



Nós, ao longo do curso, empregamos moitos materiais de refugallo en manualidades, e traballamos, ao igual que no taller de hoxe, coa idea da importancia de REUTILIZAR para reducir a cantidade de residuos, buscándolle "unha nova vida". 


7º ANIVERSARIO: ANXO

O curso segue o seu curso, e @s pequech@s seguen sumando anos...


Hoxe tocoulle o turno a ANXO, que soprou as 7 velas xunto con tod@s @s compañeir@s. E despois "devoramos" un delicioso biscoito.



MOITAS FELICIDADES E ANXO! 


Gracias por celebralo con nós!

luns, 24 de abril de 2017

ROTEIRO: AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Cómo cambiaron as árbores do noso patio dende o anterior roteiro. Durante a primavera os cambios son moi grandes!

O SALGUEIRO CHORÓN, está plagado de follas: máis cantidade, máis grandes, máis verdes e máis "duras".


Á MOREIRA medráronlle tanto as follas, que estas taparon as nosas aves.



O PRUNO... ten froitos!


O CARBALLO, está repleto de follas... incrible!



O ARCE, igual que os demais,mostra as súas polas repletiñas de novas e máis grandes follas. 



MOCHILA VIAXEIRA

Na segunda ronda de viaxes da nosa MOCHILA, ROI foi o primeiro en gozar do seu contido e descubrir novas historias, que puido compartir coa súa familia. 

Pero @s pequech@s non so disfrutan de ter a mochila na casa, pois outro momento grandiosos para eles, é contarlle a experiencia @s seus compañeir@s.


Esta semana á mochila viaxou para a casa de... LUCÍA!


domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebrouse o DÍA DO LIBRO, pero nós, dendo o CPI DE PONTECESURES, vimos conmemorando esta data, durante todo o ano, cos 20 minutos de lectura diarios que forman oparte do noso horario, e con multitude de actividades que xiran en torno a esta temática; coas que pretendemos reivindicar a importancia da LECTURA.

Nembergantes, todo o noso cole, participuo no CONCURSO DO DÍA DO LIBRO, promovido polo equipo de biblioteca, no que cada tod@s @s alumn@s, podían participar escribintdo un relato, un conto, unha historieta...

A nosa clase, participamos de forma conxunta. Aproveitamos o tema das AVES e os poemas de GLORIA FUERTES que traballamos durante o segundo trimestre, para crear un conto moi especial...

"UN CONTO DE AVES"


Cada día desta semana, na hora da lectura e agrupados por ciclos, o alumnado acudia á lectura dos traballos premiados e á entrega de premios.











Todos os textos que participaron no concurso, pasarán a formar parte da biblioteca de centro, para que tod@s @s alumn@s poidan gozar da súa lectura.

FELIZ DÍA DO LIBRO!



xoves, 20 de abril de 2017

O NOSO HORTO


Xusto antes de marchar de vacaións, comezamos a preparar O NOSO HORTO, e incluso plantamos as patacas do aire que comezaran a xermolar (pena que durante as vacións secaran por mor do bo tempo e a escaseza de auga).





O concello preparounos un cercadiño ben xeitoso para ter as nosas colleitas a bo recaudo. Así que o comezamos a plantar:




Ou mellor dito... a trasplantar:
- Reralizamos un burato na terra.
- Botámoslle abono.
- Colocamos a planta.
- Tapamos.
- Regamos.


* O PHYSALIS que trouxera LUCÍA ao comezo do curso, que ao principio secara, puidemos "rescatalo" grazas a uns fillos que quedaran na maceta.


* O mesmo nos aconteceu coas plantas de AMORODOS que nos trouxera ROI.



* Agora temos que encargarnos de coidalos para que nos den froito canto antes!


mércores, 19 de abril de 2017

UN DÍA PECULIAR...

Por mor dunhas "molestas" abellas, que deciciron instaurarse no edificio de Infantil, durante o día de hoxe, o alumnado de 1º de E.P. tivemos que trasladarnos temporalmente ao edificio de Primaria. 

Todos xuntos, 1º A e 1º B, pasamos un día peculiar, pero divertido...



Entre outras cousas, aproveitamos para buscarlle nome ao peixiño de DAMIÁN, que conseguiu na Pascua de Padrón, e trouxo ao cole para ser a nosa mascota durante uns días!

Fixemos un "torbellino de nomes", logo sometimos a votación todas as opcións. Entre as 3 máis votadas, decidiuse o nome...


O peixe comnparte nome co naturista inglés, Charles Darwin, famoso por investigar sobre a teoría da evolución  das especies.


martes, 18 de abril de 2017

7º ANIVERSARIO: BRUNO

Hoxe BRUNO celebrou o seu   ANIVERSARIO, traendo un biscoito con forno de osiño do que deron boa conta tod@ @s seus compañeir@s, do delicioso que estaba. 


CURIOSIDADES D@S ALUMN@S

Despois deste días de VACACIÓNS, realizamos unha asamblea na que cada pequech@ contou un pouco as cousas que fixo esta Semana Santa: saídas, viaxes, visitas a casa dos avós, tardes de ocio na Pascua de Padrón...

Tod@s falaron sobre como gozaron dos seus días libres, e algún, ata trouxo a mostra...

ROI foi a unha praia moi especial (da que non lembraba o nome, pero que mañán nolo dirá) onde en lugar de area había pedras moi especiais e unha gran cantidade de cristais. Aproveitamos para falar da erosión, e de como esta influe no aspecto das pedras e dos cristais. 



HIWOT, pasou por Muxia, e alí atopou uns CULLARAPOS, e aproveitou para traer uns cantos á aula. Hoxe iniciamos un pouco o tema, pero ao longo destes días aproveitaremos para falar un pouco da metamorfose destes peculiares animaliños.



BENVIDO 3º TRIMESTE!

Hoxe deu comezo o 3º TRIMESTRE, o derradeiro deste curso, que está pasando case sen decatarnos...


Entramos na recta final, e traballaremos duro para seguir aprendendo día a día, para descubrir cousas novas, vivir experiencias inolvidadbles e así poñer o broche de ouro a este 1º curso de Educación Primaria.


luns, 17 de abril de 2017

45000 VISITAS

De novo teño que darvos as grazas porque superamos as...


Espero que sigades conectados a A AULA DE BERE porque sen vós este blog non tería sentido.

45000 GRACIÑAS! 
E a polas 46000...

VOLTA AO COLE!

Hoxe rematan as VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, e mañán toca volver ao cole para comezar o , e derradeiro trimestre; pero farémolo con algo de pena, xa que botaremos moito de menos ao noso compañeiro e amigo, Gabriel, que non estará con nós, posto que tivo que cambiarse para un novo cole.

Desexámosche o mellor na tuva nova andaina, GABRIEL!


Non te esquezas de nós, 
posto que nunca nos esqueceremos de ti

Agardamos que volvas de visita pronto...


domingo, 16 de abril de 2017

BUSCANDO OVOS DE PASCUA

Hoxe é DOMINGO DE PASCUA, día no que as madriñas e os padriños agasallan aos seua afillados con ovos de chocolate ou con bolos de pascua.

Noutros paises, como E.E.U.U., o día de pascua, a tradición e buscar ovos de pascua que están agochados ao aire libre. 

No noso cole, o último día antes das vacacións, e unificando tradicións, decidimos realizar unha BÚSQUEDA DE OVOS DE PASCUA, pero dun xeito diferente.

Participou o alumnado de E.I. e de e de E.P. 




1º e 2º dividímonos en 4 grupos, con compoñentes dos 4 cursos. Polo colexio adiante tiveron que or seguindo pistas ata atopar os ansiados OVOS DE PASCUA.














FELIZ DOMINGO 
DE PASCUA!

martes, 11 de abril de 2017

AGASALLOS EQUIPOS 2º TRIMESTRE

Co remate do 2º TRIMESTRE, realizamos o reconto dos puntos obtidos polos 3 equipos, para proceder á entrega de AGASALLOS.

Todo traballo, e sobretodo o ben feito, ten a súa recompensa!



E TOD@S dende os primeir@s a os terceir@s merecían un premio polo esforzo e o traballo realizado en equipo ao longo de todo o trimestre.