Esta é a última semana do segundo trimestre, e como tal, merece rematar por todo o alto, con actividades que sirvan para repasar e afianzar todo o traballado ao mesmo tempo que @s pequech@s se divirten, e así marchas de vacacións de Semana Santa, con bo sabor de boca.
O terceiro trimeste, é o derradeiro do curso, o ano pasado, deron un gran paso, que supuso deixar atrás a etapa de Infantil para comezar a de primaria, o mesmo que van a facer @s alumn@s de 5 anos da profe Patri. Para facilitarlles este tránsito, nós, @s nen@s de 1º, queremos axudalos. E por iso, imos a realizar, de agora en diante, actividades conxuntas, para que os de 5 anos, vexan que ben o pasamos e canto aprendemos en 1º.
Así que hoxe, baixamos ao mercado para realizar unha pequena compra na FROITERÍA.
* O alumnado de 5 anos, ian a realizar unha MACEDONIA.
* Nós, queríamos facer unha FONDUE de Chocolate con Amorodos e Plátano.
Con esta saída, queremos repasar varios contidos traballados:
- Alimentos e establecementos nos que se venden.
- A nosa vila.
- Iniciarnos no uso da nosa moeda.
O primeiro que fixemos, coma sempre que realizamos unha saída, foi repasar as normas; e explicar a finalidade da mesma.
Se imos a o MERCADO e mercar, que é o primeiro que hai que facer?... a LISTA DA COMPRA!
Despois, saimos dirección ao mercado.
Aproveitamos para deternos nos diferentes postos, para falar coas vendedoras e preguntarlles que productos tiñan á venta:
CARNICERÍA: carne de vaca, de porco, polo... e o corte de cada carne.
PEIXERÍA: lirios, sargos, chocos, sardiñas, salmón, merluza, xarda, xurel, pintos...
FROITERÍA: a nosa parada para mercar.
Na foritería foi onde máis tempo nos detivemos. Mentres os de 5 anos realizaban a súa compra, nós aproveitamos para repasar todos os productos: verduras e froitas.
Cando chegou o noso turno, realizamos o pedido:
* 1 Kg de AMORODOS
* 1 KG de PLÁTANOS
Explicámoslle á froiteira, para que queríamos a froita, e aconsellounos que 1kg de amorodos era bastante, que con 1 amorodo por alumn@ era suficiente. Así que, fixémoslle caso e pedimos, 22 amorodos (12 para nós e 10 para @s compañeir@s de 1ºA, que non puideron baixar, pero nós queremos convidalos a probar a fondue).
Atentos, prestamos atención a como a froiteira pesaba a froita. Fixámonos en que é moi dificil que pese o pedido exacto, xa que as froitas non se poden partir, e as veces con unha peza máis pásase e cunha menos, quédase curta.
Collemos o TICKET, e pagamos. Levábamos 2 billetes de 5 euros (queríamos traballar conceptos matemáticos), un total de 10. A froita costou 4.70. Xuntos pensamos se precisábamos darlle os dous billetes ou se un so era suficiente e tamén canto nos tiñan que dar de volta.
Primeiro, repasamos a lista da compra e comparámola co ticket, para xuntos realizar as operacións precisas.
Colocamos o chocolate na fondue para que se derretese.
Por equipos, puxémonos a preparar as FROITAS:
* Quitarlle os rabiños.
* Cortalos.
Chamamos @s nos@s compañeir@s de 1º A, para que probasen a nosa...
FONDUE DE CHOCOLATE CON AMORODOS E PLÁTANO
Mmmm... delicioso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.