A LITERATURA é, e debe ser, unha parte importante da educación d@s alumn@s,
pois a través de ela, podemos traballar multitude de contidos educativos,
fundamentais para o desenvolvemento xeral d@s nen@s.
No día a día, intento, que a literatura estea
presente, de varias maneiras, en diferentes formatos, abordando diversos
xéneros...
Pero sen dúbida o momento do día no que acada
o seu máximo esplendor e no anaco dedicado á lectura "Hora de Ler",
que ao longo do curso vai experimentando variacións en función de moitos
aspectos; celebracións, conmemoracións, temáticas traballadas, centros de
interese... e tamén varia a maneira de afrontar este momento: lectura
colectiva, lectura individual, lectura grupal, alumnos contacontos, mestra
contacontos, invención de historias...
Moitas veces, os protagonistas son os libros
que @s alumn@s traen, para converterse en contacontos para os seus
compañeir@s...
Ultimamente, tanto na aula, coma na casa, se animan a escribir os seus propios contos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.