A aprendizaxe diaria na aula, pode, e debe darse, de múltiples e diversas maneiras. Nós hoxe puidemos vivir unha maneira que nos encanta... a interción con outros niveis.
Neste caso, @s alumn@s de 3º de E.P. viñeron a nosa aula para lernos unhas entrevistas que lles fixeron aos seus avós sobre a súa infancia.
Aprendemos o que é unha entrevista e das respostas que deron os avós e avoas, aprendemos un montón de curiosidades sobre os nosos antepasados: que diferente era a vida hai algúns anos, que dura e difícil era a infancia, como mudaron as escolas e os mestres, os xogos e xoguetes...
Encántanos poder aprender d@s nos@s compañeir@s! Moitas grazas por vir!
Pronto iremos nós á súa clase a realizar unha exposición sobre... xa o descubriredes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.