Xusto antes de marchar de vacaións, comezamos a preparar O NOSO HORTO, e incluso plantamos as patacas do aire que comezaran a xermolar (pena que durante as vacións secaran por mor do bo tempo e a escaseza de auga).
O concello preparounos un cercadiño ben xeitoso para ter as nosas colleitas a bo recaudo. Así que o comezamos a plantar:
Ou mellor dito... a trasplantar:
- Reralizamos un burato na terra.
- Botámoslle abono.
- Colocamos a planta.
- Tapamos.
- Regamos.
* O PHYSALIS que trouxera LUCÍA ao comezo do curso, que ao principio secara, puidemos "rescatalo" grazas a uns fillos que quedaran na maceta.
* O mesmo nos aconteceu coas plantas de AMORODOS que nos trouxera ROI.
* Agora temos que encargarnos de coidalos para que nos den froito canto antes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.