martes, 18 de abril de 2017

CURIOSIDADES D@S ALUMN@S

Despois deste días de VACACIÓNS, realizamos unha asamblea na que cada pequech@ contou un pouco as cousas que fixo esta Semana Santa: saídas, viaxes, visitas a casa dos avós, tardes de ocio na Pascua de Padrón...

Tod@s falaron sobre como gozaron dos seus días libres, e algún, ata trouxo a mostra...

ROI foi a unha praia moi especial (da que non lembraba o nome, pero que mañán nolo dirá) onde en lugar de area había pedras moi especiais e unha gran cantidade de cristais. Aproveitamos para falar da erosión, e de como esta influe no aspecto das pedras e dos cristais. 



HIWOT, pasou por Muxia, e alí atopou uns CULLARAPOS, e aproveitou para traer uns cantos á aula. Hoxe iniciamos un pouco o tema, pero ao longo destes días aproveitaremos para falar un pouco da metamorfose destes peculiares animaliños.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.