Hoxe é DOMINGO DE PASCUA, día no que as madriñas e os padriños agasallan aos seua afillados con ovos de chocolate ou con bolos de pascua.
Noutros paises, como E.E.U.U., o día de pascua, a tradición e buscar ovos de pascua que están agochados ao aire libre.
No noso cole, o último día antes das vacacións, e unificando tradicións, decidimos realizar unha BÚSQUEDA DE OVOS DE PASCUA, pero dun xeito diferente.
Participou o alumnado de E.I. e de 1º e 2º de E.P.
1º e 2º dividímonos en 4 grupos, con compoñentes dos 4 cursos. Polo colexio adiante tiveron que or seguindo pistas ata atopar os ansiados OVOS DE PASCUA.
FELIZ DOMINGO
DE PASCUA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.