Como xa sospeitábamos a terra do noso horto resultou ser bastante "pobre", e estalle costando moito medrar ás cousiñas que imos plantando.
A familia de GABRIELA, troúxonos máis abono e algúns capachos de terra. Así que hoxe aproveitamos intentar "enriquecer" a terra do noso horto.
* Rastrillamos, engadimos abono, botamos terra da nova, e mesturamos todo.
Estos días plantaremos algo máis para comprobar se realmente a terra está en mellor estado. Pois ao fin e ao cabo, na terra atópase o "alimento" para que as plantas poidan medrar sans e fortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.