Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, dende o CPI DE PONTECESURES estamos levando a cabo unha iniativa moi interesante na que está implicado todo o alumando de educación infantil e primaria. Tod@s os nen@s do cole, dende os 3 a os 12 anos vanse a convertir por uns días en "contacontos".
Xa que este ano, as Letras Galegas están adicadas a CARLOS CASARES, eleximos a colección de libros de TORIBIO, un neno galego, inventor.
Dividimos o alumnado en 4 grupos:
* 1º grupo: Educación Infantil.
* 2º grupo: 1º e 2º E.P.
* 3º grupo: 3º e 4º E.P.
* 4º grupo: 5º e 6º E.P.
A cada grupo, asignóuselle un libro dos de Toribio. Despois de lelo e traballar sobre el, debía preparalo para dende hoxe e ata a semana que ven, ir por todas as aulas do centro (en pequenos grupos) e contarlles o conto @s compañeir@s doutros niveis.
O noso libro é:
"TORIBIO CONTRA
O PROFESOR SMITH"
O primeiro que fixemos foi falar un pouco sobre as Letras Galegas e sobre Carlos Casares. Despois puxémonos máns á obra.
Escoitamos atentamente o conto, que captou a nosa atención grazas aos disparatados inventos de Toribio e dos seus amigos os profesores Pradau e Papafigovich.
Un vez escoitado o conto, entre todos, "recapitulamos", para quedarnos coas ideas e accións máis relevantes. Logo con axuda das imaxes, contámolo de novo.
Preparamos a nosa versión desta historia, para mañán, ir polas aulas a contárllela @s compañeir@s.
Pensamos, que xa que no conto falamos de diferentes lugares do mundo e de multitude de inventos, levar algunha imaxe axudaríanos moito á hora de contar a historia e así atraer a atención dos nosos ointes.
No organigrama tocounos formar dous grupos de 6, que irian, un á aula de 5 anos e o outro á de 3ºA.
Cada grupo encargouse de debuxar aos personaxes e inventos que aparecían no conto.
Unha vez listos os murais, comezamos a practicar, para facelo xenial cando nos toque.
* Hoxe comezaron a sesión de contacontos de Toribio os de Infantil.
Fixérono xenial e encantounos escoitalos, non perdemos detalle, xa que eles contáronnos o inicio da historia: quen é Torinio, quen é a súa amiga Sara, os seus pais, onde vive, que fai...
Mañán será o noso turno!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.