mércores, 17 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017



FELIZ DÍA
DAS LETRAS GALEGAS
2017








Este ano as LETRAS GALEGAS están adicadas a CARLOS CASARES. Como xa puidéchedes comprobar en publicacións anteriores, estivemos traballando tanto a biografía coma a bibliografía deste escritor galego.

Destaco de novo a experiencia de convertirnos en contacontos cos inventos de TORIBIO.

Aínda que A GALIÑA AZUL tamén deu moito de si.


@s alumn@s de de Primaria do CPI de Pontecesures, NARRAMOS e ILUSTRAMOS a historia que rodea a esta peculiar galiña creada por Carlos Casares.


Que vos parece?



No Día da Nosa Terra, apetecíame facerlles un agasallo, e que mellor que unhas "minigaliñas azuis"... Espero que lles gustasen! e que cada vez que as vexan, se lembren do ben que o pasamos e canto aprendimos con este fermoso conto, que nos deixa unha ensinanza moi bonita e importante: 

"PARA GUSTOS... 
ESTÁN AS CORES!"

Toda unha leción de RESPETO e IGUALDADE, valores fundamentais no día a día da nosa sociedade!


FELIZ DÍA
DAS LETRAS GALEGAS
2017



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.