domingo, 7 de maio de 2017

COMEDEIROS PARA PAXAROS

As AVES seguen dando "coletazos" na nosa aula. Seguimos aprendendo moitas cosusas sobre elas e realizamos diversas actividades en torno a este proxecto. 

Unha delas foron os COMEDEIROS PARA PAXAROS que realizamos por equipos empregando material de refugallo (xa sabedes que este curos estamos intentando darlle un novo uso aos residuos para xerar menos basura e así contaminar menos o noso planeta). 

Empregando briks de leite, @s pequech@s, realizaron este coloridos comedeiros, que encheremos de sementes e colgaremos das árbores do noso patio para que os paxariños poidan vir a comer. 





* Sabemos que seguramente virán paxariños de pequeno tamaño, pois dentro das aves, os paxaros son un grupo cunha gran cantidade de granívoras, o que quere dicir que se alimentan de grans. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.