Hoxe levamos unha gran sorpresa ao ir a observar os nosos SEMENTEIROS, pois durante a fin de semana, as plantiñas...
MEDRARON MOITÍSIMO!
Estaban tan grandes, que rapidamente nos diriximos ao noso HORTO, para...
TRANSPLANTALAS!
* Preparamos a terra de novo: un pouco de abono, e unha capiña de terra de mellor calidade (xa que a do noso horto é un pouco pobre).
* Fixemos os buratiños para introducir a raiz das plantiñas. Despois tapámolas con máis terra.
Plantamos:
- CABAZAS
- XIRASOLES
- AMORODOS
* Regamos.
Despois de tanto esforzo, e dun traballo ben feito, gañamos ben o "xornal"; asi que aproveitamos para tomar a merenda de media mañá ao aire libre, baixo a sombra do noso arce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.