Durante esta semana os nosos SEMENTEIROS comezaron a dar as súas primeiras PLANTIÑAS.
O luns 15, puidemos observar como comezaban a asomar os primeiros brotes de plantiñas de cabaza e de xirasol, sendo estes últimos máis abundantes e visibles.
O martes 16, divisamos algún cambio máis, pero pequeno...
Pero o xoves 18, despois do día festivo, cando puidemos observar un cambio máis signifiacativo.
* O estar un día sen regar e sen a luz do sol (posto que a aula permaneceu a escuras), fixo que as plantiñas medrasen pero mostraran unha cor, non moi verde.
* Chamounos moito a atención como na "puntiña da planta" que brotaba, podiamos ver as casca da pipa, tanto de xirasol coma de cabaza, posto que a semente, que se atopa dentro da mesma, comezou a xermolar dentro da terra e rompeu a casca para poder saír.
Despois dos coidados pertinentes, ao día seguinte, o venres 19, o cambio tamén se fixo patente. Medraron moitísimo as follas das plantas de cabaza, e colleron moita altura as plantas de xirasol.
Como estarán despois da fin de semana?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.