Estos días, estamos a levar no cole a SEMANA DA EDUCACIÓN VÍAL,na que todo o almunado, dende o primeiro curso de infantil ata o derradeiro de secundaria, recibirán formación sobre a seguridade víal, a través dunha charla .e dun circuito.
Durante esta semana, persoal da DXT - DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO, foi o encargado impartir CHARLAS sobre o tema, no que @s alumn@s, puideron poñer a proba os seus coñecementos, recoñecer os perigos que existen en carreteira, aprender normas de seguridade cando van no coche, cando circulan en bici, cando camiñan pola beirarúa...
Na charla, contamos coa presenza de Francisco, un POLICÍA LOCAL da vila, que tod@s @s alumn@s coñecen, pois todas as mañás, está dirixindo o tráfico preto do cole, para evitar que se produzan atascos e que tod@s @s nen@s chegien puntuais ao cole.
Gracias a Francisco, puidemos coñecer o papel da policía local. Tamén nos deu moitas normas fundamentais de seguridade vial.
Hoxe tocounos o turno @s nen@s de 1º de E.P.
Puideron desempeñar o papel de conductores, nas bicis, e de peatóns.
Ademais de aprender...
PASÁMOLO XENIAL!
* Despois, tivemos o privelexio de recibir a visita exclusiva na aula da formadora da DXT que nos impartiu a charla, e de JUANMA, o pai de Lucía, que tivo o seu traballo ligado á DXT. Puidemos resolver dúbidas e seguir coñecendo detalles moi curiosos sobre a educación vial.
Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.