Hoxe "tomamos contacto" coas SUMAS LEVANDO.
E que mellor maneira de entender esta operación que dun xeito práctico...
Empregamos as nosas barriñas e cadradiños de decenas e unidades, para poder entender que e iso de "levar"...
* Dicimos unha suma.
* Cada alumn@ coloca un sumando, empregando as fichas de decenas e unidades.
* Xuntamos as fichas para averiguar o resultado: cadradiños por un lado, barriñas polo outro (Unidades xuntas e Decenas xuntas).
* Como sabemos que o máximo de cadradiños azuis (unidades) é nove; cando haby máis, temos que agrupar os cadradiños azuis nun grupo de 10, para formar unha barriña vermella (10U = 1D).
Deste xeito "levamos" esa barriña xunto as demais.
Con esta sinxela actividade, entenderon en que consiste esta operación de sumar levando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.