luns, 23 de outubro de 2017

FORA DE SERVIZO!

A inactividade deste blog nos ultimas semanas é debido á BAIXA LABORAL que estou tendo por mor dun accidente de tráfico. 

MOITAS GRAZAS a todas as familias e alumn@s que vos estades a preocupar por min e que mo demostrades con mensaxes de ÁNIMO!

* Mentres me recupero, non estou en condicións de empregar este blog, polo que, ata a miña incorporación, permanecerá FORA DE SERVIZO



* Espero recuperarme canto antes para voltar ao traballo con máis forza e ganas ca nunca.


EQUILIBRIO

*O EQUILIBRIO é a habilidade de manter o corpo na posición erguida gracias ós movementos compensatorios que implican a motricidade global e a motricidade fina, que é cando o individuo está quieto (equilibrio estático) ou desprazándose (equilibrio dinámico). Álvarez del Villar

Durante varias sesións de E.F. estivemos traballando o EQUILIBRIO.

* A persar de traballar o equilibrio dendo 1º ata 4º (os cursos nos que imparto clase), a dificultade vai aumentando a medida que subimos de nivel. 

EQUILIBRIO ESTÁTICO:





* Sobre un punto de apoio (ir cambiando o pé).


* Sobre unha illa de equilibrio.





* Cun saco de area na cabeza.



* Combinación: sobre unha illa de equilibrio cun saco de aerea. 



EQUILIBRIO DINÁMICO:




* Camiñar coma equilibristas polas liñas do ximnasio (logo engadir un saco de area na cabeza)





* Circuito de equilibrio: con varios elementos a diversas alturas.







* Circuito de equilibrio por equipos:












* Zancos: toma de contacto.






* Mini circuito de zancos por equipos:








XOGOS DE EQUILIBRIO:

* Todos enriba do banco (a superficie de apoio no banco, vaise reducindo de cada vez).



* O rei do castelo: en dous equipos, un sube ao banco-castelo, e o outro equipo-atacante, dende abaixo ten que "tiralo". Múdanse os papeis. Gaña o equipo que logre estar máis tempo enriba do castelo. 



* Equilibrio de alturas: colocar varios elementos sobre os que poder subirse por todo o ximansio (illas de equilibrio, bloques, soportes, cadeiras...). Correr por todo o ximnasio, ao escoitar o silvato, subirse a un obxecto. Comezar con tantos soportes coma número de participantes, e ir retirando progresivamente. Os que non teñan a onde subirse, quedan eliminados. 




COÑECENDO O NOSO CORPO

O COÑECEMENTO DO CORPO e fundamental, sobretodo nas primeiras idades. Por iso, dende PSICOMOTRICIDADE, realizamos multitude de actividades e xogos encamiñados a que @s nen@s coñezan o seu propio corpo e o dos demais.

Descubrirán que partes do corpo interveñen en cada actividade, poñerán en práctica todas as posibilidades de movento do seu corpo, asumirán as súas limitacións sen frustrarse e respetando a variedade da aula...

A continuación, aparecen algunhas das activides que realizamos, nas primeiras sesións do curso, para traballas o COÑECEMENTO DO CORPO.

* Colocar a pelota na parte nomeada. 



* Por parellas: tocar coa pelota a parte do corpo que nomea a mestra.



* Por parellas: transportar a pelota, agarrándoa coa parte do corpo nomeada. 



* PICAS: deixar voar a nosa imaxinación "convertindo" a pica en diferentes obxetos, e imitar o movemento que realizaríamos con eles. Con que parte ou partes do corpo teño que realizar os movementos?



MUDAMOS OS TENIS

Para @s alumn@s de 4 ANOS (5º de E.I.), este ano as sesións de PSICOMOTRICIDADE, comezan con algo novo. Nada máis chegar ao ximnasio teñen que... 

MUDAR OS TENIS 


Un hábito de autonomía persoal que contribúe directamente, non só na autonomía, senón que tamén favorece o desnevolvemento da psicomotricidade fina  contribuíndo así á realización de multitude de movementos e actividades por parte d@ nen@.  

Tanto no cole, coma na casa, a AUTONIMÍA d@s nen@s, debe ir en aumento progresivo a medida que medran. A esta idades debemos fomentar a atonimía en hábitos diarios como, por exemplo, vestirse e espirse sós. 

Ao mesmo tempo, contribuímos ao coidado do chan do ximnaso (xa que é de parqué, e cos tenis sucios ou mollados deteriórase).

PESÁMONOS E MEDÍMONOS

Os primeiros días de cole, PESÁMONOS e MEDÍMONOS para ao rematar o curso facer a comparativa. 



Dentro dos contidos que traballamos en E.F., atópase a educación para a saúde, que engloba a alimentación e os hábitos de vida saudable

Unha boa alimentación acompañada de exercicio físico, é fundamental para ter unha boa saúde, cun peso axeitado, concorde coa altura e a idade de cada nen@. 

Para conseguir isto, debe haber un traballo conxunto entre familia e escola


domingo, 22 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN ORAL

La semana pasada l@s lalumn@s de 6º, realizaron su 1ª EXPOSICIÓN ORAL, en la asignatura de LENGUA CASTELLANA

En la exposición tenían que hablar sobre un libro elegido por ell@s, explicándose correctamente y esforzándose para que el resto de compañer@s lo entiendan bien. Deben conseguir despertar el interés y la curiosidad de los demás hacia la lectura de su libro.

El guión que tenían que seguir, es el siguiente:
1. Presentación del LIBRO: título, autor y editorial.
2. Información sobre el AUTOR.
     Fecha y lugar de nacimiento, otros títulos destacados, algún dato destacado de su vida y obra...
3. Presentación de los PERSONAJES.
     Nombres y breve descripción.
4. ARGUMENTO del libro.
     Un resumen general de lo que se narra en el libro, sin desvelar el final... Incluir algún detalle relevante.
5. OPINIÓN y crítica personal. 
       Razones por las que te gusta el libro. 

Siguiendo este guión, elaboraron y prepararon la exposición oral.

Ya que se trataba de la primera, preferí dejarles libertad a la hora de preparar "la puesta en escena", para posteriormente, después de ver y escuchar todas las exposiciones, hacer una valoración crítica de los aspectos a mejorar en cada uno, para así hacer una "lista" con lo que debemos tener en cuenta al exponer oralmente.

Así lo hicimos, y llegamnos a las siguientes conclusiones.
* Hablar alto y claro. Vocalizar bien, enfatizar, modular la voz...
* Mirar a los compañeros mientras exponemos.
* Buena actitud corporal.
* Acompañar el discurso con gestos.
* Ajustarse al tiempo marcado (en nuestro caso al ser la primera vez, no lo marcamos)



Después de esta toma de contacto, en la que "rompimos el hielo" con las exposiciones orales, las siguientes seguro que serán mejores... 

La siguiente prueba será la EXPOSICIÓN GRUPAL de naturales, del proyecto sobre "LA NUTRICIÓN".

* Muchas veces, en educación, no se le da la importancia que merece, a la EXPRESIÓN ORAL, quedando relegada a un segundo plano, viéndose apartada por la escrita. Sin embargo, debemos equiparar ambas formas de expresión, ya que las dos son fundamentales para la formación integral de l@s alumn@s. 


luns, 9 de outubro de 2017

IDEAS PREVIAS

Antes de comezar calquera tema novo, facemos unha ASAMBLEA para ver cales son as IDEAS PREVIAS que teñen @s alumn@s sobre o mesmo, xa que estas determinarán o punto de partida.

Os coñecementos previos, xunto co que eles queren aprender (pregunta que abordamos xusto despois) é o eixe conductor do proceso de aprendizaxe, asegurando así que a motivación d@ alumn@ será maior e mellor. 

Se a todo isto, lle engadimos, que serán "investigadores" e partícipes activos de todo o proceso, conseguiremos que sexan verdadeiros protagonistas da súa aprendizaxe, conseguindo que non memoricen conceptos que rapidamenten pasarán ao esquecemento... 


E.F.

O xogo e a diversión son dúas constantes que intento que sexan o fío condutor das sesións de EDUCACIÓN FÍSICA

As sesións de E.F. constan das seguintes partes:
* Chegada ao ximnasio, entrada no vestiario e muda de tenis.
* Esperar sentados na "zona da palabra máxica" para escoitar a explicación do desenvolvemento da sesión. 
(Durante todo o curso, a palabra máxica será EUROPA, posto que é o tema do proxecto anual do centro. Cada vez que eu diga esa palabra, @s alumn@s deberán deixar o que estean facendo para dirixirse o máis rápido posible á zona da palabra máxica. Con isto traballarei a atención, a velocidade de reacción e en momentos de caos, desconcerto, mal desenvolvemento dunha actividade  ou mesmo demasiado ruído ou axitación, coa palabra máxica, conseguirei que reaccionen, volvan á calma presten atención).
* Parte inicial: Quecemento.
* Parte principal: 
     - Xogo ou actividade sobre os conceptos traballados.
     - Probas por equipos.
* Parte final: Relaxación.
* Entrada no vestiario: asearse coas toalliñas, mudar a camiseta, mudar os tenis, facer fila para saír do ximnasio. 

No que se refire ao QUECEMENTO, xa probamos diversas maneiras de realizalo: 

* Circuíto exterior aproveitando os "obstáculos" que nos ofrece o mobiliario ou a natureza do recinto escolar: zigzag entre os elementos do patio de infantil, baixada polo tobogán, sortear os pneumáticos do areeiro, subir e baixar correndo "a montaña"...

* Correr polo ximnasio ao ritmo da música, e deterse ou realizar determinado movemento cando esta deixa de soar.

* O xogo de CARA-CRUZ: no que é fundamental a atención e a rapidez. Todos colocados nunha liña do chan, deben mirar cara @ mestr@ cando escoitan cara, e cando escoitan cruz, dar un salto para xirar e darlle as costas.

* E outro que probamos e que lles encantou foi unha variante do PILLA-PILLA, no que en lugar de tocar coa man para pillar, tiñan que facelo cun "corchopan"; os pillados permanecían estáticos coas pernas abertas, esperando que un compañeir@ lles pasase por debaixo para salvalos e poder seguir xogando. 



martes, 3 de outubro de 2017

AVANTI...

Co paso dos días... todo vai collendo forma. Cada membro do equipo pon o seu gran de area, pois o reparto de tarefas e funcións ten que facer que o equipo funcione como unha máquina ben engraxada. 

Hoxe comezaron a eleborar o material que van a empregar na  exposición oral.


A medida que avanzamos, vanse decatando das dificultades que xurden, e do importante que é unha boa organización



domingo, 1 de outubro de 2017

INVESTIGADOR@S

O primeiro contacto como INVESTIGADOR@S foi gratamente positivo. A gran maioría  foron capaces de atopar o nome da variedade de cogomelo que levei á clase.

Un exercicio moi beneficioso para decatarse de que aspectos son imprescindibles á hora de realizar unha búsqueda e e un tratamento axeitado de dita información



Fixemos unha posta en común, na que tod@s aportaron datos interesantes.


O encargado do día, foi tomando nota:




*Nome: MACROLEPIOTA PROCERA
* Outros nomes: os nomes populares que recibe, atenden ás súas formas características: cogordo, cachote, cerrote, patamela, chouparro, choupín...


* Partes: Sombreiro, anel e pé. 

- O sombreiro pode chegar a medir 30cm de diámetro. Cor branco sucio con escamas marróns. 


Pola parte de abaixo ten unhas láminas de cor branco que asemellan ás follas dun libro aberto.


- O anel é dobre, de cor branco na parte superior e crema na inferior. É móvil, xa que pode deslizarse polo pé. 





- O é cilíndrico, recto e foco. Pode chegar a medir 40cm  de alto. Na súa base, ten un bulbo. 




* Crecemento: cando o sombreiro está pechado, asemellan baquetas de tambor, mentres que a medida que medran e chegan ao seu máximo crecemento, asemellan parasoles. 

* Outros datos interesantes:
- Medra nos claros dos bosques, pastos ou nas beiras dos camiños. Pode aparecer individualmente ou en grupo. 
- É comestible. Aprovéitase o sombreiro, xa que o pé é moi fibroso. Ten un olor e un sabor suave. 
(As veces confúndese con unha lepiota tóxica).




Aproveitamos para falar un pouco do reino dos FUNGOS, ao que pertencen os cogomelos, e tamén, xa que estamos na época, da recolección dos mesmos, iniciándonos un pouco na MICOLOXÍA, ciencia que se ocupa do estudo dos fungos. 





Habitualmente, realizaremos máis actividades de investigación... 

"APRENDER A APRENDER"



PROXECTO... VENTO EN POPA!

Esta semana os equipos estiveron metidos de cheo no proxecto de ciencias naturais sobre a NUTRICIÓN. Comezaron a traballar coa información que estiveran buscando, para selecionar a máis relevante, organizala e repartila. 


Traballar en equipo, non é tarefa sinxela, pero estou gratamente sorprendida con como se están organizando con este primeiro proxecto.


A vindeira semana seguiremos...