domingo, 29 de xaneiro de 2023

ASÍ SON EU!

 Traballamos o coñecemento do noso propio corpo, neste caso concentrándonos na zona da cara e as súas partes, a través do AUTORRETRATO, pero empregando diversas técnicas plásticas.


Debuxo:

 


Modelaxe con plastilina:

 















Creación con froitos secos do outono:








UN MUNDO DE FORMAS

A mellor maneira de aprender é observando, vivindo, sentindo, experimentando.. E isto é o que fixemos coas FORMAS.

Partillamos sobre as características de cada forma, comparándoas para poder apreciar as similitudes e as diferenzas.

Cos BLOQUES LÓXICOS, realizamos un xogo de discriminación clasificación. Sen ver, collíamos un bloque ao chou, e despois debíamos colocalo dentro da forma correspondente.

 






Deixamos voar a nosa imaxinación realizando diferentes construcións cos bloques lóxicos de madeira.

 


















Realizamos diversas actividades traballando cos diversos atributos dos bloques lóxicos (forma, cor, tamaño e grosor).

 





Creamos obras de arte empregando formas de cartón (reais e abstractas)

 















Taller de grafismos: realizar formas “concéntricas” ao redor dunha pegatina coa forma dun círculo e dun cadrado.

 































xoves, 19 de xaneiro de 2023

AUTORRETRATO

Como nos vemos?

Cando @s cativ@s se debuxan a si mesmos, podemos observar, entre outras cousas, en que fase de desenvolvemento artístico se atopan, que partes do corpo teñen asimiladas...

No primeiro trimestre quixemos traballar o AUTORETRATO:

* Debuxamos un autorretrato.



* Realizamos o noso autorretrato con plastilina.

















* Empregamos froitos secos do outono para facer o noso autorretrato.








TRABALLANDO O NOME

Antes de comezar a escribir, moito antes de coller un lapis para intentar reproducir letras que compoñan una palabra, @s peques deben realizar múltiples e variadas actividades lúdicas que lle permitan, por un lado, mellorar a súa coordinación óculo manual, e por outro, coñecer as letras.

Ao longo do trimestre levamos a cabo propostas que conxugaron á perfección o achegamento á lectoescritura e a psicomotricidade fina. Sempre traballamos partindo de vocabulario significativo e motivador para o alumnado, pero sen dúbida hay unha palabra estrela...

Cal pode ser a palabra máis especial e significativa para un cativ@?

O SEU NOME


* Clasificamos os nosos nomes en función do NÚMERO DE LETRAS:


CONSTRUIMOS o nome, ordenando as letras seguindo un modelo, e despois, intentamos escribilo. Primeiro facémolo co noso nome, e despois co d@s compañeir@s: 




Traballamos a COMPOSICIÓN do noso nome con LETRAS MÓBILES.



COMPOÑEMOS o noso nome con LETRAS DE PLASTILINA, empregando moldes, ou construíndoas. (Traballando a psicomotricidade fina a tope). 


* Destacar que con cada proposta respectamos o ritmo individual de aprendizaxe de cada cativ@.

mércores, 18 de xaneiro de 2023

25 N

Dende o noso cole, quixemos visibilizar a nosa loita CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, en realidade, contra calquera tipo de violencia.

Este curso decidimos facelo baixo o lema:

“NON AO MAL TRATO,

SI AO BO TRATO.”

 

Para poder darlle sentido a esta loita, o primeiro foi ver as ideas previas que tiña o alumnado sobre o que eles consideraban BO/MAL TRATO, para así poder empregalas de punto de partida, e a partir de aí comezar a traballar.




Todo o ciclo de Infantil, fixemos un MURAL con este lema e estampamos as nosas mans: unha en cor violeta, cor representativo da loita feminista, e outra de cor negro, en mostra de repudia contra a violencia machista.












Os demais cursos do centro tamén realizaron diversas propostas arredor deste lema: 



En días anteriores ao 25N, debuxamos situacións nos que se producía “mal trato”. Elaboramos avións de papel con estes debuxos, e, como ACTO SIMBÓLICO, o propio día, lanzámolos pola fiestra!




O lema para o 25N, acollémolo non só para esa data, e facémolo noso para o que queda de curso... e de vida!

E o mellor de todo, é poder ver como cada día xorden de xeito espontáneo momentos nos que o BO TRATO agroma... Unha mañá calquera, entramos na aula dos compis/veciños de enfronte,  de 4º de Infantil, e observamos que están intentando poñer o mandilón, e sen ninguén dicirlles nada, comezaron axudalos... estas fotos capturaron a situación á perfección, pois unha imaxe vale máis ca mil palabras!

Brindar axuda aos demais cando a precisan, sen dúbida, é unha das bases sobre as que se debe asentar o bo trato, no máis amplo sentido da palabra. 



“NON AO MAL TRATO,

SI AO BO TRATO.”

 




MAGOSTO 2022

Un dos acontecementos máis agardados do noso cole no outono é o MAGOSTO RAMALLOSEIRO.


Non se trata só de comer CASTAÑAS, todo o centro se empapa do espírito festivo desta tradición da nosa terra.

 

Preparamos as “cestiñas” para as castañas asadas:

 


Desfrutamos xogando a diversas versións de xogos populares onde a castaña é a protagonista: “a castaña por detrás”, “carreira de culler con castaña”, “encestar castañas”.

 


















Degustación de castañas asadas: