O primeiro en “romper o xeo” na proposta do CONTA COMIGO, foi IAGO, o irmán maior de Mía, que acudiu á nosa aula para contarnos o conto “DE QUE COR É UN BICO”, unha historia que nos encantou e nos enganchou, non só polo contido senón tamén polo gran narrador que está feito Iago.
E despois do conto, tíñanos unha sorpresa preparada: un debuxo para colorear!
Agardamos que volva a deleitarnos con outra
fermosa historia.
* FAMILIAS,
animádevos, que vos agardamos cos brazos abertos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.