Antes de comezar a escribir, moito antes de
coller un lapis para intentar reproducir letras que compoñan una palabra,
@s peques deben realizar múltiples e variadas actividades lúdicas que lle
permitan, por un lado, mellorar a súa coordinación óculo manual, e por outro, coñecer
as letras.
Ao longo do trimestre levamos a cabo propostas que conxugaron á perfección o achegamento á lectoescritura e a psicomotricidade fina. Sempre traballamos partindo de vocabulario significativo e motivador para o alumnado, pero sen dúbida hay unha palabra estrela...
Cal pode ser a palabra máis especial e significativa para un cativ@?
O SEU NOME
* Clasificamos os nosos nomes en función do NÚMERO DE LETRAS:
CONSTRUIMOS o nome, ordenando as letras seguindo un modelo, e despois, intentamos escribilo. Primeiro facémolo co noso nome, e despois co d@s compañeir@s:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.