martes, 10 de xaneiro de 2023

BUXAINAS

Cando chega o mes de Novembro, e concretamente, cando se achega a día 11, hai un XOGUETE que cobra protagonismo... A BUXAINA.



Como di o refrán:

“POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO”


No Concello de Teo, o San Martiño é a festividade local, e despois destes últimos anos "pandémicos", o noso alumnado e as súas familias estaban desexando poder desfrutar desta romaría. Pero dende a nosa aula, quixemos coñecer de preto este xoguete tradicional: observalo de preto, tocalo, probalo, xogar con el…

Ao intentar lanzalo e facelo bailar atopámonos con varios “problemiñas”: o primeiro, que non é nada sinxelo enrolar a piola  sobre a barriga da buxaina, e o segundo, que tampouco e nada sinxelo facelo bailar.




Da “familia” das buxainas son os BAILARETES, que non precisan piola e cun sinxelo movemento de dedos, conseguimos facelos bailar. Po iso, decoramos e personalizamos bailaretes para poder xogar con eles e levalos de agasallo o día do San Martiño.  








Dende pequena, teño un fermoso recordo deste xoguete, de feito, gardo coma un tesouro, os meus primeiros trompos, cos que xogaba no patio do recreo cando era cativa. Co paso do tempo, funme facendo con algún máis, e cando chega esta época gústame compartir a miña pequena colección co meu alumnado.


APRENDER XOGANDO,

XOGAR APRENDENDO.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.