domingo, 29 de xaneiro de 2023

UN MUNDO DE FORMAS

A mellor maneira de aprender é observando, vivindo, sentindo, experimentando.. E isto é o que fixemos coas FORMAS.

Partillamos sobre as características de cada forma, comparándoas para poder apreciar as similitudes e as diferenzas.

Cos BLOQUES LÓXICOS, realizamos un xogo de discriminación clasificación. Sen ver, collíamos un bloque ao chou, e despois debíamos colocalo dentro da forma correspondente.

 






Deixamos voar a nosa imaxinación realizando diferentes construcións cos bloques lóxicos de madeira.

 


















Realizamos diversas actividades traballando cos diversos atributos dos bloques lóxicos (forma, cor, tamaño e grosor).

 





Creamos obras de arte empregando formas de cartón (reais e abstractas)

 















Taller de grafismos: realizar formas “concéntricas” ao redor dunha pegatina coa forma dun círculo e dun cadrado.

 































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.