Durante o 1º trimestre, o OUTONO, foi un dos protagonistas principais das nosas propostas de traballo.
Unha estación tan rica en
contidos, en cromatismos, en cultura, en tradición... non podía pasar desapercibida
no noso quefacer cotián.
O punto de partida foi unha saída ao BOSQUE que está situado xusto en fronte ao noso cole na busca de TESOUROS DO OUTONO. Que mellor maneira de mergullarnos en novas aprendizaxes que facelo a través da observación directa, da exploración a través do tacto, do descubrimento dos olores do outono a través do olfacto...
Puidemos ver de preto que
especies de FLORA son
predominantes nese bosque, que ÁRBORES perderon as súas follas, recolectar
algunha do chan...
Reflexionamos sobre a “idade”
que podían ter as árbores en función do grosor dos seus troncos.
Observar con cautela
diversos tipos de COGOMELOS.
Unha LESMA de gran tamaño fixo que nos quedásemos abraiados
observando os seus movementos de preto.
Xa na aula, CLASIFICAMOS e CUANTIFICAMOS os tesouros que recollemos.
Coa multitude de tesouros do
outono que tivemos na aula, en pequeno grupo, @s cativ@s compuxeron a palabra OUTONO no chan.
A lectoescritura vai moito
máis aló que escribir cun lapis nun papel, de feito, ese debe ser o último paso,
antes debemos levar a cabo multitude de xogos e propostas, sempre partindo de
palabras significativas para o alumnado.
Pero non só atopamos
tesouros no bosque, xa que o noso PATIO,
ten un entorno fantástico para observar como afecta o paso desta estación ás ÁRBORES coas que convive o alumnado en cada recreo.
Coas FOLLAS que recollemos (e con algunha máis que @s alumn@s e eu
trouxemos á aula), levamos a cabo múltiples propostas:
Observación do CAMBIO CROMÁTICO das follas das árbores do noso patio no outono.
Clasificación de follas segundo a súa forma.
Separación e clasificación de follas por tamaños.
Traballamos a psicomotricidade fina cunha actividade
na que recortamos en anacos pequenos, as follas secas recollidas para elaborar “confeti” caseiro e natural.
Cando eu era cativa, e ía pasar a fin de semana á casa da miña avoa paterna no outono, lembro con especial agarimo, un xogo que facía detrás da cociña de leña: OS CASTELOS DE CAROZOS. Encantoume compartir c@s miñas/meus peques este xogo que forma parte dos recordos da miña infancia.
Na nosa exposición, os FROITOS SECOS, ocuparon un lugar importante, e
con eles tamén puidemos levar a cabo diversas propostas:
Cuantificación de castañas e clasificación en función do
tamaño, composicións artísticas
libres, bandexas experimentación
sensorial...
Pero tamén fixemos DEGUSTACIÓNS, Pois a aprendizaxe é moito máis
significativa se podemos empregar os 5
SENTIDOS:
Degustamos FROITOS SECOS do outono.
E tamén degustamos FROITAS do outono.
En torno ás degustacións, houbo traballo previo e posterior: de
lectoescritura, de lóxico matemática, de artística...
E como non, non podían faltar as propostas de ARTE, en torno ao outono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.