mércores, 18 de xaneiro de 2023

25 N

Dende o noso cole, quixemos visibilizar a nosa loita CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, en realidade, contra calquera tipo de violencia.

Este curso decidimos facelo baixo o lema:

“NON AO MAL TRATO,

SI AO BO TRATO.”

 

Para poder darlle sentido a esta loita, o primeiro foi ver as ideas previas que tiña o alumnado sobre o que eles consideraban BO/MAL TRATO, para así poder empregalas de punto de partida, e a partir de aí comezar a traballar.




Todo o ciclo de Infantil, fixemos un MURAL con este lema e estampamos as nosas mans: unha en cor violeta, cor representativo da loita feminista, e outra de cor negro, en mostra de repudia contra a violencia machista.












Os demais cursos do centro tamén realizaron diversas propostas arredor deste lema: 



En días anteriores ao 25N, debuxamos situacións nos que se producía “mal trato”. Elaboramos avións de papel con estes debuxos, e, como ACTO SIMBÓLICO, o propio día, lanzámolos pola fiestra!




O lema para o 25N, acollémolo non só para esa data, e facémolo noso para o que queda de curso... e de vida!

E o mellor de todo, é poder ver como cada día xorden de xeito espontáneo momentos nos que o BO TRATO agroma... Unha mañá calquera, entramos na aula dos compis/veciños de enfronte,  de 4º de Infantil, e observamos que están intentando poñer o mandilón, e sen ninguén dicirlles nada, comezaron axudalos... estas fotos capturaron a situación á perfección, pois unha imaxe vale máis ca mil palabras!

Brindar axuda aos demais cando a precisan, sen dúbida, é unha das bases sobre as que se debe asentar o bo trato, no máis amplo sentido da palabra. 



“NON AO MAL TRATO,

SI AO BO TRATO.”

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.