domingo, 23 de abril de 2023

ENTROIDO

                 ENTROIDO NO CEIP DA RAMALLOSA!



Aquí, no concello de Teo, o entroido é unha celebración especial e agardada por tod@s, e mais despois destes anos de pandemia.

Este ano, o tema do noso ENTROIDO RAMALLOSEIRO xirou en torno ao PATRIMONIO: a cultura, a lingua, a sociedade... galega.

 




Comezamos a SEMANA DE ENTROIDO cos MANDADOS DO MECO:

 







Na páxina web do centro podedes ver os VÍDEOS das diversas actuacións que fixeron tod@s @s alumn@s o día da nosa GALA DE ENTROIDO ANTONIO FRAGUAS.

* Aquí vos deixo o enlace directo a nosa actuación: 


E Elaboramos conxuntamente a nosa MASCARA DE PANDEIRETEIRA para a decoración do pavillón o día da festa de entroido. 



·  Na aula, habilitamos un pequeno RECHUNCHO con prendas e artículos de entroido para que empregasen libremente para caracterizarse.



·        Tamén realizamos un taller de ANTEFACES.






Aproveitamos que o noso cole forma parte dun concello no que se preserva o entroido máis tradicional, e onde a figura dos XENERAIS DA ULLA, teñen especial relevancia. E así o quixemos representar trasladando parte de ese entroido ata a nosa escola.

De cara á gran festa de entroido (17.2.2023) no ciclo de Educación Infantil decantámonos por algo moi representativo do noso folclore, o TRAXE TRADICIONAL.

Apostamos por conxugar vangarda e tradición, pero sempre dende o agarimo e o respecto.

Tanto foi así, que para documentarnos, pedímoslle á asociación cultural A MÁMOA (de Luou) que acudise ao noso centro para mostrarnos e falarnos das diferentes prendas que conforman o noso traxe tradicional e tamén cal é a orixe do traxe e a diferenza entre os traxes de gala e de cotío de mulleres e homes.





sábado, 11 de marzo de 2023

CANDELORIA

 “CANDO A CANDELORIA CHORA

MEDIO INVERNO XA VAI FÓRA.

QUE CHORE, QUE DEIXE DE CHORAR

A METADE DO INVERNO ESTÁ POR PASAR”.

 

Que día tan fermoso para darlle un lugar destacado no noso quefacer cotiá.

Realizamos un FALADOIRO sobre este día, coñecemos varios refráns e analizámolos sinalando que a Candeloria sinala que xa pasou a metade do inverno e que a partires de aí a primavera estará máis próxima. 



Tamén falamos sobre o que iso significa para as aves: as aves que migran coa chegada do inverno por mor do frío e da escasez de alimento e volven cando comeza a primavera, o que supón un aumento das temperaturas e tamén que haxa máis comida por mor da floración.


Ademáis na Candeloria CASAN OS PAXARIÑ@S!

Como son aves? Como sería o seu casamento? Como podemos debuxalas?





ANIVERSARIOS XANEIRO

No mes de XANEIRO, tan só festexamos un ANIVERSARIO, o de MAURO PIÑEIRO, o primeiro en estrear  a idade de 5 ANOS.


PARABÉNS MAURO!

DÍA DA PAZ

Conmemoramos o DÍA DA PAZ:

Aproveitando que dende o 25N un dos lemas da nosa aula é "NON AO MALTRATO", partimos de esa idea para abordar a importancia de conseguir vivir nun MUNDO onde convivamos en PAZ: comezando polo contorno próximo, é facéndoo extensivo ao planeta. 

Fixemos un faladoiro onde debatemos e conversamos sobre a paz, partindo das súas ideas previas e reflexionado sobre o que ían plantexando.  



Todo o CEIP DA RAMALLOSA xuntos, cantando unha versión en galego da famosa canción "Imagine", mentres nos acompañaban ao ukelele @s alumn@s de 5º e 6º de E.P.

 



CONTACOMIGO

Na nosa aula o momento do CONTO, é algo especial. É o momento do día no que hai máxima atención e expectación. Pero sempre hai unha emoción engadida cando @ contacontos é alguén especial...

Neste caso, puidemos desfrutar de MAITE, mamá de Mauro Piñeiro, que veu á nosa aula para contarnos unha gran historia:

“OS TRES OSOS”

Un clásico que nunca pasa de moda, onde Riciños de Ouro aprende unha gran lección.


Ademais, sorprendeunos cuns agasallos moi especiais: uns marcapáxinas chulísimos!



Moitísimas grazas Maite, volve cando queiras!

 

·        E a todas as familias: agardamos a vosa visita, ANIMÁDEVOS!


SAÍDA: AFUNDACIÓN

No mes de xaneiro realizamos unha SAÍDA á Santiago de Compostela, onde nos agardaba un OBRADOIRO DE CREATIVADE.



Chegamos a AFUNDACIÓN e, para inspirarnos, desfrutamos dunha visita guiada polas diferentes salas para observar a creatividade d@s diferentes artistas que alí tiñan expostas as súas obras.

















Despois de observar, conversar, e reflexionar... a nosa inspiración e creatividade fluíu no obradoiro. Entre luces e sombras deixamos saír @s artistaz@s que levamos dentro.





E ao rematar... de volta ao cole!


Un día xenial!

mércores, 8 de marzo de 2023

AGASALLOS NADAL

Á volta das vacacións de Nadal, na aula agardábanos unha gran SORPRESA...

Un lote de AGASALLOS ao pé da nosa árbore.



Non podíamos esperar a abrilos e saber de que se trataba.

Foi un momento máxico! Ver as súas cariñas de emoción cada vez que se rachaba un papel e se podía ver o que dentro escondía.




E unha vez abertos... A XOGAR!



Non fan falta instrucións, porque con este tipo de xoguetes, a imaxinación e a creatividade son o principal! A liberdade é absoluta, e as posibilidades infinitas. De aí o seu gran valor educativo, por iso pasarán a formar parte destacada da nos aula, ocupando un lugar accesible para @s cativ@s cada día. (Ademais todos os agasallos son de madeira, un elemento natural e sostible).



sábado, 18 de febreiro de 2023

NADAL

NADAL 22.23



Todas as PROPOSTAS que levamos a cabo durante o NADAL, partiron do noso CALENDARIO DE ADVENTO.

Normalmente, estes calendarios, que agora se puxeron tanto de moda, agochan un chocolate, máis o noso, agochaba unha SORPRESA DIARIA en forma de: conto, mural, panxoliña, manualidade, tradición oral, manualidade...




Unha das primeiras sorpresas que tiña agochado o noso calendario era ÁRBORE DE NADAL.

A nosa árbore foi diferente e especial. Fuxindo do plástico e apostando polos materiais naturais, a nosa árbore foi de MADEIRA.

Abrimos a caixa e seguimos as instrucións para montalo (así tamén traballamos lectoescritura).


Cada alumnx colleu unha rama, despois comparamos o tamaño e ordenamos de maior a menor. Contamos cantas ramas tiña e procedemos á montaxe.

 






·    Tamén comparmos o tamaño dunhas ramas coas que fixemos unha árbore colgante que realizamos para colocar no pasillo e compartir con todxs xs nosxs compis do corredor.

 















Outra das sorpresas do calendario foi a DECORACIÓN da nosa árbore.

Empregamos BOLIÑAS de cor branca grandes e pequenas.

Antes de colocalas, contámolas para saber de que tamaño había máis.

Tamén realizamos diversas series coas bolas (traballamos lóxico matemática)





No Nadal, hai varias personaxes típicas, que se encargan de traernos agasallos en noites especiais, e aquí na nosa terra, o APALPADOR está a facerse cada vez máis coñecido.

Nós realizamos un gran MURAL que colgamos na entrada principal do cole para invitar a todo o alumnado e profesorado para que se fixese unha foto mentres o apalpador lles apalpaba a barriguiña.

 




Tamén pintamos os nosos pequenos apalpadores en pequeno grupo empregando as témperas sólidas, que tanto nos gustan.




















Elaboramos ADORNOS de madeira personalizados para agasallar nos nosos fogares.







Fixemos POSTAIS DE NADAL.








Ao longo do mes de nadal, os nosos RECUNCHOS enchéronse de PROPOSTAS relacionadas coa temática de Nadal.




LECTOESCRITURA:


 

LÓXICO MATEMÁTICA:



MOTRICIDADE FINA:



CREATIVIDADE/ARTÍSTICA:



MINIMUNDO DE NADAL:


BANDEXAS SENSORIAIS: