xoves, 16 de abril de 2015

CUMPREANOS BRUNO

Outro dos meus pequechos entrou no clube dos 5 ANOS!

Para celebrar o seu cumpreanos cos compañeiros da clase, Bruno trouxo un delicioso biscoito que lle fixo a súa avoa. 


E coa súa nai preparou uns chupas-fantasma aterradoramente deliciosos! uuuuhhhhh!


Grazas por todo!

MOITAS FELICIDADES BRUNO!


mércores, 15 de abril de 2015

ANIMAIS: Galiñas e Pitiños

Os animais da granxa e a visita á casa de Lucía para ver as Galiñas inspirounos para facer unha MANUALIDADE sobre esto. 

Puxémonos mans á obra e fixemos unhas GALIÑAS e uns PITIÑOS ben feitiños!


* Picamos uns círculos.
* Dobrámolos pola metade.
* Pégamoslle o pico.
* Debuxámoslle as ás.
* Pegámoslles os ollos.
* E LISTO!





Se lle tocamos a cola balancéanse para comer os grans de millo!



Debuxamos: OS NOSOS PITIÑOS



E aprendemos varias cancións que teñen como protagonistas a estes animais. Esta é unha delas...

"O GALO CANTA
A GALIÑA CHORA
POLOS PITIÑOS
QUE DURMEN FORA"


VISITAMOS A CASA DE LUCÍA!

Sen dúbida este curso, o proxecto dos ANIMAIS está dando para moito. Grazas a el estamos aprendendo cousas moi interesantes, pero sobretodo estamos vivindo grandes e inolvidables experiencias... e as que nos quedan!

Estes días estamos a traballar cos ANIMAIS DA GRANXA, algúns nenos da aula tiñan nas súas casas ou nas dos seus avós animais deste tipo, pero xusto coincidiunos que LUCÍA tiña GALIÑAS e COELLOS e que ademais a súa casa estaba moi preto do cole. De xeito que decidimos quedar cos seus avós no día de hoxe para que no los ensinaran.




Despois do recreo preparámonos e arrancamos cara a casa de LUCÍA, coa grandísima sorte que xusto nun prado en frente ao cole estaban pacendo 3 OVELLAS, e acercámonos a observalas. 



Ao longo de todo o camiño fumos fixándonos en diferentes flores e prantas que nos íamos atopando e falando un pouco sobre elas.




Ao chegar á casa de LUCÍA recibíronnos os seus avós. O primeiro no que nos fixamos foi nun laranxeiro e nun limoeiro moi grandes e cheos de froitos que estaban na entrada, que ademáis arrecendían moi ben.




Recibiunos un dos seus gatiños que era moi agarimoso e deixou que os nenos o acariciasen.





Despois dirixímonos a ver as GALIÑAS: habíaas de varias cores, con plumas marróns, grisaceas e brancas, e un só galo (pois se houbese máis pelearíanse) .
Tamén había moitos polos, pero xa medraran.
Concha, a avoa de Lucía entrou no galiñeiro, e colleu un ovo do niño para ensinárnolo.


Estes días no cole estivemos falando da GALIÑA:
* AVE que non voa
* TERRESTRE
* OMNÍVORA come verdura e millo pero tamén vermes
* OVÍPARA

Despois leváronnos á corte dos COELLOS, había 2 grandes, a mámá e o papá e varios pequeniños, os gazapos.
O avó de Lucía colleu unha cría e sacouna para que puidésemos acariciala. Era super suave e tiña as orrellas moi longas. 


COELLO:
* MAMÍFERO
* TERRESTRE
* HERBÍVORO

Tamén tivemos a sorte de atopar unha TEA DE ARAÑA enteira. Falamos de que as arañas tecian as teas para cazar as súas presas, insectos e bichiños, que quedaban pegados.


Gustounos tanto visitar a casa de Lucía que no mes de Maio imos volver, sobretodo para que os nenos que hoxe non viñeron ao cole poidan ir.


MOITÍSIMAS GRAZAS A LUCÍA E ÓS SEUS AVÓS!

martes, 14 de abril de 2015

ANIMAIS: Grilo

De novo aproveitamos o que atopamos na natureza para observalo e aprender un pouquiño máis.

Neste caso trátase dun GRILO.


Como sempre despois de observalo, examinamos os nosos coñecementos adquiridos sobre os animais e clasificámolo:
-Insecto: pequeno tamaño, 6 patas, antenas. 
- Terrestre: insecto sen ás, (non voa)
- Herbívoro
- Ovíparo

Recordamos que a principio de curso GABRIEL trouxo un grilo ao cole!



luns, 13 de abril de 2015

MUSICONTOS

Hoxe viñeron a actuar ao cole os MUSICONTOS. 


Contáronnos un conto acompañado con música sobre un príncipe que vivía no país de AZELEB, un lugar cheo de lixo. E antes de converterse en Rei, o príncipe púxose a percorrer o país para aprender diferentes profesións, e de paso limpar todo o lixo e converter Azeleb nun lugar limpo e fermoso.


Ensináronnos a importancia da RECICLAXE, e en que contenedor debemos botar a basura. Ao longo da actuación tamén nos foron presentando os diferentes instrumentos.


O príncipe soñaba cun país limpo e ao final conseguiunoe transfourmou o reino de AZELEB no reino da BELEZA!


Os Musicontos conectaron cos pequenos dende o primeiro momento, captando a súa atención coa historia e coa música, facéndoos participes ao longo de toda a actuación.



domingo, 12 de abril de 2015

ANIMAIS: Becho Bola

Sen dúbida o día a día, o entorno, a natureza, todo o que nos rodea... son os principaos recursos para o aprendizaxe.

O outro día mentres observábamos como cambiaran as árbores do cole co paso da primavera atopamos no chan un extraño becho... 

Tratábase dun BECHO BOLA.


Descubrimos enseguida a que se debe o seu nome, xa que nada máis collelo, fíxose un boliña. É o seu sistema de autodefensa.

Era alongado cunha especie de caparazón gris, cun montón de patas e un par de antenas.

O mestre Jacobo (Bioloxía en E.S.O.) andába polo patio e explicounos un pouco sobre estes bechos.


Encántanos poder observar e tocar en directo animais!

sábado, 11 de abril de 2015

ANIMAIS: Barba de Balea

Jacobo, o mestre de bioloxía da E.S.O. do noso cole, troúxonos unha cousa moi interesante... unhas BARBAS DE BALEA!

Cando as obsevamos por primaira vez, non tiñamos nin idea de que se trataba, e ao sabelo quedamos verdadeiramente sorprendidos.



* Recordamos que a balea é o animal máis grande de todo o planeta terra.
É un mamífero acuático.
Explicamos que a diferencia da orca ou dos delfíns, as baleas NON teñen DENTES, no seu lugar teñen BARBAS. 

Buscamos imaxes na PDI para ver esxactamente onde estaban situadas dentro da boca das baleas, e despois tocámola para comprobar como eran...


As barbas das baleas están feitas de queratina, a mesma sustancia que conteñen os cornos, o pelo, as uñas e as plumas.

Son lisas, flexibles cos bordes desilachados. Semellan enormes peines. 




xoves, 9 de abril de 2015

ANIMAIS: As nosas Vacas

Dentro do proxecto dos animais estamos a traballar cos ANIMAIS DA GRANXA: animais domésticos que as persoas coidan para que lles axuden a realizar tarefas da granxa e que lles den os seus productos.

Estes días estivemos falando dos diferentes animais que nos podemos atopar nunha granxa, e primeiro centrámonos nas VACAS.


Observamos varias imaxes reais de vacas para comprobar que NON todas as vacas son brancas con manchas negras...

      

      

É un animal grande, con 4 patas, pode ter cornos ou non, ten 4 ubres das que sae o leite e por onde se amamantan as crías. As VACAS teñen ubres porque son femias (tamén teñen xenitais femininos), se NON teñen ubres (e teñen xenitais masculinos) son machos e chámanse BOIS. 

Son herbívoras, encántalles a herba do prado. Comén moita e dixérena nos seus 4 estómagos. 

Teñen un rabo londo que termina con pelo, e emprégano para espantar as moscas.

Despios de observar e falar, debuxamos...

AS NOSAS VACAS


Cantamos a canción 
"LA VACA LECHERA" 



OS NOSOS PELUCHES!

Hoxe varios pequechos trouxeron peluches de animais. Durante a asamblea ensináronllos aos seus compañeiros, e aproveitamos para falar un pouquiño de cada un, repasar o que aprendemos sobre os animais: que características teñen, a que grupo pertencen, por onde se desprazan, que comen, que son emiten...



PONI: os ponis son cabalos de pequeno tamaño, o que trouxo LUCÍA era fantástico, pois non existen ponis desas cores. Pertence ao grupo dos mamíferos, é un animal terrestre, a súa alimentación é herbíboro. O poni, ao igual que o cabalo, relíncha, fai: hiiiiiii!


CAN: o canciño que trouxo DAMIÁN e de raza dálmata, branco con manchiñas negras. Tamén pertence ao grupo dos mamíferos e é terrestre. En canto a alimentación recordamos que os cans son carnívoros, pois comen carne (ou pienso feito con carne) pero NON comen OSOS, xa que os osos solo os roen para limpar e afiar os dentes.
Os cans ladran: guau guau...

ORCA: tamén coñecida coma balea asasina. Esta que trouxo GABRIEL fíxolla a súa avoa cosendo, e quedou super realista, unha chulada!
A orca recordábamola do proxecto da auga do curso pasado na que xa falaramos dela, polo que sabíamos que NON é un PEIXE senón un mamífero acuático: non ten escamas, non pon ovos e non respira por branquias, pois teñen un buratiño na parte de arriba da cabeza, chamado espiráculo, polo que saen á superfie para respirar.

OSO: con este osiño de PAULA recordamos cando falamos, hai pouco, dos diferentes tipos de osos.

CABALIÑO DE MAR: que tamén trouxo PAULA. Explicamos unha caracterítica ue fai especial a este animal: é o MACHO o que se queda "embarazado". Como era de cor rosa suscitou unha controversia que me permitiu traballar a igualdade de xénero e os pensamentos non sexistas: a cor rosa é unha cor máis que tanto serve para nenos  coma nenas, homes ou mulleres, machos ou femias, igual que o azul, verde, vermello... tan só se trata de gustos. (É importante que dende a familia traballedes este tipo de conceptos cos pequenos, xa que de maneira subliminal moitas veces introducimos ideas sexitas sen decatarnos).
Despois de observar ao cabaliño de mar, fixámonos en que tiña unha "barriga" moi grande, de xeito que se trataba dun macho. 

mércores, 8 de abril de 2015

EN ABRIL, AUGAS MIL!

Durante este mes de ABRIL imos a levar a cabo un pequeno experimento de observación no que intentaremos comprobar se este ano se cumpre o dito:

"EN ABRIL, AUGAS MIL!


Para levar a cabo esta observación empregaremos un calendario no que realizaremos un rexistro diario, con gomets de cores, seguindo o código:



* Azul: CHOIVA


* Vermello: NON CHOIVA



* Como o mes de abril comezou durante a Pascua, tivemos que facer memoria para compretar o calendario cos gomets correspondentes. Resultounos moi doado xa que tivemos a sorte de disfrutar de sol durante todas as vacacións. 

Ao rematar o experimento faremos un reconto e realizaremos unha gráfica, para comprobar se houbo máis días con choiva que sen ela e así poder corroborar o dito...