Os animais da granxa e a visita á casa de Lucía para ver as Galiñas inspirounos para facer unha MANUALIDADE sobre esto.
Puxémonos mans á obra e fixemos unhas GALIÑAS e uns PITIÑOS ben feitiños!
* Picamos uns círculos.
* Dobrámolos pola metade.
* Pégamoslle o pico.
* Debuxámoslle as ás.
* Pegámoslles os ollos.
* E LISTO!
Se lle tocamos a cola balancéanse para comer os grans de millo!
Debuxamos: OS NOSOS PITIÑOS
E aprendemos varias cancións que teñen como protagonistas a estes animais. Esta é unha delas...
"O GALO CANTA
A GALIÑA CHORA
POLOS PITIÑOS
QUE DURMEN FORA"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.