Hoxe tocou volver á rutina da aula.
Os pequechiños entraon contentos e con moitas ganas de contar todo o que fixeran durante as vacacións.
Por iso hoxe a asamblea durou moito máis do habitual, pois non daban feito a contar todo o vivido, sobretodo as atraccións ás que se montaran na Pascua de Padrón.
E despois tocou abrir o MALETÍN DOS ANIMAIS que regresou de casa de ANXO, quen disfrutou moito vendo o álbum de cromos, e cubrindo o LIBRO DAS MASCOTAS.
Presentounos á súa cadeliña NIKA, unha yorkshire moi presumida á que lle encanta poñerse chichos e morder as zapatillas...
Ensinounos tamén unha foto do can do seu avó, un pastor alemán moi grande ao que lle encanta xogar coa pelota.
CUCO é o seu loro de 30 anos. É de cor gris e non para de falar e de repetir todo o que oe. Anxo contounos que chama moito por el e que a súa cantiga favorita é "LA BARBACOA". Cando a escoita non pode parar de bailar.
Tamén ten peixiños de cor laranxa.
Grazas Anxo por presentarnos a todas as túas mascotas.
Esta semana o MALETÍN DOS ANIMAIS marcha para a casiña de PAULA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.