Dentro do proxecto dos animais estamos a traballar cos ANIMAIS DA GRANXA: animais domésticos que as persoas coidan para que lles axuden a realizar tarefas da granxa e que lles den os seus productos.
Estes días estivemos falando dos diferentes animais que nos podemos atopar nunha granxa, e primeiro centrámonos nas VACAS.
Observamos varias imaxes reais de vacas para comprobar que NON todas as vacas son brancas con manchas negras...
É un animal grande, con 4 patas, pode ter cornos ou non, ten 4 ubres das que sae o leite e por onde se amamantan as crías. As VACAS teñen ubres porque son femias (tamén teñen xenitais femininos), se NON teñen ubres (e teñen xenitais masculinos) son machos e chámanse BOIS.
Son herbívoras, encántalles a herba do prado. Comén moita e dixérena nos seus 4 estómagos.
Teñen un rabo londo que termina con pelo, e emprégano para espantar as moscas.
Despios de observar e falar, debuxamos...
AS NOSAS VACAS
Cantamos a canción
"LA VACA LECHERA"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.