Durante este mes de ABRIL imos a levar a cabo un pequeno experimento de observación no que intentaremos comprobar se este ano se cumpre o dito:
"EN ABRIL, AUGAS MIL!
Para levar a cabo esta observación empregaremos un calendario no que realizaremos un rexistro diario, con gomets de cores, seguindo o código:
* Vermello: NON CHOIVA
* Como o mes de abril comezou durante a Pascua, tivemos que facer memoria para compretar o calendario cos gomets correspondentes. Resultounos moi doado xa que tivemos a sorte de disfrutar de sol durante todas as vacacións.
Ao rematar o experimento faremos un reconto e realizaremos unha gráfica, para comprobar se houbo máis días con choiva que sen ela e así poder corroborar o dito...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.