O proxecto deste ano está resultando moi interesante, permítenos aprender un mónton de cousas cada día e sobretodo podemos interactuar directamente cos ANIMAIS, pois moitos nenos tráenos ao cole para poder observalos e coñecelos de preto.
ABIGAIL trouxo os seus "periquitos" varias veces ao longo do curso. Así aprendemos que pertencen ao grupo das aves, que teñen 2 patas, ás, pico e o corpo cuberto de plumas; que son ovíparos e omnívoros.
Tamén nos reponsabilizámos dos seus coidados aprendendo así que precisan: auga, comida e limparlles a xaula.
Encantounos ter aos periquitos de Abi na clase, que ademáis nos alegraban os días cos seus cantos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.