mércores, 22 de abril de 2015

ANIMAIS: Chimpancé e Koala

De novo uns "peluches" sérvennos para seguir aprendendo cousas sobre os animais.

HELENA trouxo 2 animais peculiares e dignos de ser observados:

* CHIMPANCÉ: é un mono que nos coñecimos ao inicio deste curso cando falamos de como se desprazaban os animais, xa que tanto pode ser BÍPEDO coma CUADRÚPEDO. É un mamífero, herbívoro que lle encanta comer todo tipo de froita, non so plátanos. E pasao en grande colgádose de árbore en árbore. 



* KOALA: é un animal típico de AUSTRALIA. Ten as orellas peludas e o nariz dunha forma moi peculiar. É un mamífero, herbívoro Éncantalle trepar aos EUCALIPTOS e encaramarse nas súas ramas mentres come das súas follas, que son a súa comida preferida.



Comentamos que o eucalipto é moi bo para desatascar o nariz cando estamos arrefriados. Estas follas teñen un arrecendo moi caracterítico e agradable.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.