sábado, 11 de abril de 2015

ANIMAIS: Barba de Balea

Jacobo, o mestre de bioloxía da E.S.O. do noso cole, troúxonos unha cousa moi interesante... unhas BARBAS DE BALEA!

Cando as obsevamos por primaira vez, non tiñamos nin idea de que se trataba, e ao sabelo quedamos verdadeiramente sorprendidos.



* Recordamos que a balea é o animal máis grande de todo o planeta terra.
É un mamífero acuático.
Explicamos que a diferencia da orca ou dos delfíns, as baleas NON teñen DENTES, no seu lugar teñen BARBAS. 

Buscamos imaxes na PDI para ver esxactamente onde estaban situadas dentro da boca das baleas, e despois tocámola para comprobar como eran...


As barbas das baleas están feitas de queratina, a mesma sustancia que conteñen os cornos, o pelo, as uñas e as plumas.

Son lisas, flexibles cos bordes desilachados. Semellan enormes peines. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.