luns, 27 de abril de 2015

MALETÍN DOS ANIMAIS

Unha nova semana que comeza, un novo luns, e o noso maletín regresa da casa de ZOE para mostrarnos que esconde entre as páxinas do LIBRO DAS MASCOTAS.

ZOE contounos que o que máis lle gustou do álbums dos animais foron os cromos do tigre (que tivo a sorte de coñecer e tocar a un de verdade na súa visita á casa dun coidador de animais do que nos trouxo fotos a semana pasada).

No libro escribiu e incluiu fotografías sobre SIMBA un cachoriño que vive na casa da súa Tita Leni, co que a Zoe e ao seu primo Cristian lles encanta xogar.
Tamén nos recordou á súa tartaruga LALA, que estivo durante os primeiro trimestre na nosa aula, e tivemos a sorte de coidala!




Esta semana o MALETÍN DOS ANIMAIS marcha para a casa de BRUNO







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.