mércores, 22 de abril de 2015

LECTOESCRITURA: Letra L

* Seguimos avanzando na lectoescritura e tocounos centrarnos na LETRA L, a letra máis solicitada da nosa aula, xa que é a inicial pola que comeza o NOME de máis nenos. Nada máis e nada menos que 4:


* Como ese día LUCA foi encargado, unha das rutinas da asamblea deste curso é escribir o seu nome e apelidos no encerado; de xeito que ese día xa aproveitamos.
O MEU NOME COMEZA POLA L: LUCA
O MEU NOME COMEZA POLA L: LARA
O MEU NOME COMEZA POLA L: LUCAS 
O MEU NOME COMEZA POLA L: LUCÍA
Tamén é unha letra especial porque a nosa MASCOTA comeza por ela:

PAULA: A NOSA MASCOTA COMEZA POLA L: LULA




Coma sempre, o noso proxecto lévanos a pensar ANIMAIS que comecen pola letra L:
BRUNO: EU PENSEI NO LEÓN
ZOE: EU PENSEI NO LEOPARDO
HIWOT: EU PENSEI NA LEONA
GABRIEL: EU PENSEI NO LORO
E tamén se nos ocorren algunhas COUSAS que comece por esta letra:
DAMIÁN: EU ESCRIBÍN LÁPIZ
ENMA: EU ESCRIBÍN LÁMPARA
ROI: EU ESCRIBÍN LAURA
Despois de pensar, emitir o son, escribir na PDI, toca intentar escribir sós as palabras das que nos lembremos que comecen pola L:


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.