Para levar a cabo o noso proxecto sobre os animais, é un verdadiro luxo poder contar con animais reais para o seu estudio e observación directa.
Neste caso temos a sorte de contar coa colaboración do DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA do noso cole, que nos facilita mostras moi interesantes e curiosidades sobre animais aos que non temos fácil acceso.
Esta vez facilitáronnos DENTES DE CACHALOTE.
* O primeiro doi averiguar de que animal se trataba, xa que os pequenos non tiñan idea. Buscamos imaxes na PDI para observalo e comentar algo sobre él:
- MAMÍFERO ACUÁTICO
- O cachalote é un tipo de balea, pero esta en lugar de barbas ten dentes.
- CARNÍVORO: Encántalle comer calamares, pulpos, e incluso tiburóns...
Tivemos a sorte de poder ver e tocar 2 dentes:
- Un dun cahalote FEMIA: o máis pequeno e plano.
- Outro dun cachalote MACHO: o máis grande e afiado.
Eran dunha cor amarelenta e pesaban bastante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.