mércores, 15 de abril de 2015

VISITAMOS A CASA DE LUCÍA!

Sen dúbida este curso, o proxecto dos ANIMAIS está dando para moito. Grazas a el estamos aprendendo cousas moi interesantes, pero sobretodo estamos vivindo grandes e inolvidables experiencias... e as que nos quedan!

Estes días estamos a traballar cos ANIMAIS DA GRANXA, algúns nenos da aula tiñan nas súas casas ou nas dos seus avós animais deste tipo, pero xusto coincidiunos que LUCÍA tiña GALIÑAS e COELLOS e que ademais a súa casa estaba moi preto do cole. De xeito que decidimos quedar cos seus avós no día de hoxe para que no los ensinaran.




Despois do recreo preparámonos e arrancamos cara a casa de LUCÍA, coa grandísima sorte que xusto nun prado en frente ao cole estaban pacendo 3 OVELLAS, e acercámonos a observalas. 



Ao longo de todo o camiño fumos fixándonos en diferentes flores e prantas que nos íamos atopando e falando un pouco sobre elas.




Ao chegar á casa de LUCÍA recibíronnos os seus avós. O primeiro no que nos fixamos foi nun laranxeiro e nun limoeiro moi grandes e cheos de froitos que estaban na entrada, que ademáis arrecendían moi ben.




Recibiunos un dos seus gatiños que era moi agarimoso e deixou que os nenos o acariciasen.





Despois dirixímonos a ver as GALIÑAS: habíaas de varias cores, con plumas marróns, grisaceas e brancas, e un só galo (pois se houbese máis pelearíanse) .
Tamén había moitos polos, pero xa medraran.
Concha, a avoa de Lucía entrou no galiñeiro, e colleu un ovo do niño para ensinárnolo.


Estes días no cole estivemos falando da GALIÑA:
* AVE que non voa
* TERRESTRE
* OMNÍVORA come verdura e millo pero tamén vermes
* OVÍPARA

Despois leváronnos á corte dos COELLOS, había 2 grandes, a mámá e o papá e varios pequeniños, os gazapos.
O avó de Lucía colleu unha cría e sacouna para que puidésemos acariciala. Era super suave e tiña as orrellas moi longas. 


COELLO:
* MAMÍFERO
* TERRESTRE
* HERBÍVORO

Tamén tivemos a sorte de atopar unha TEA DE ARAÑA enteira. Falamos de que as arañas tecian as teas para cazar as súas presas, insectos e bichiños, que quedaban pegados.


Gustounos tanto visitar a casa de Lucía que no mes de Maio imos volver, sobretodo para que os nenos que hoxe non viñeron ao cole poidan ir.


MOITÍSIMAS GRAZAS A LUCÍA E ÓS SEUS AVÓS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.