luns, 20 de abril de 2015

MALETÍN DOS ANIMAIS

Un luns máis abrimos o MALETÍN DOS ANIMAIS recén chegado da casa de PAULA, que estaba desexando contarnos...



O que máis lle gustou do álbum de cromos foi a sección adicada ós cans, especialmente un que tiña unha coroa. Pois o anima favorito de Paula é o can. De feito encántaríalle ter un de mascota, pero como vive nun piso, non pode. 




Ao non ter ningunha mascota, no libro decidiu falarnos das máscotas dos seus familiares coas que está en contacto habitualmente:

* CHUSPI: Un canciño pequeno, branco e peludiño, das súas tías. Encántalle xogar con Paula e roerlle os cordóns dos zapatos.

* FELIPE: un loro verde das súas primas Ari e Nerea. É moi falador. Come froita, pipas, froitos secos e encántanlle as galletas.

* DONATELLO e APRIL: unha parella de tartarugas de auga doce, que polo inverno están na peceira pero polo verán encántalles dar paseos polo xardín.




Esta semana o MALETÍN DOS ANIMAIS marcha para a casa de ZOE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.