venres, 17 de abril de 2015

ANIMAIS: Tartaruga Terrestre

Hoxe tivemos a gran sorte de poder observar de preto unha TARTARUGA TERRESTRE!


ROI trouxoua á clase para que pudesemos pasar o día enteiro con ela, xa que non son moi habituais. A maioría as persoas teñen como mascotas as ACUÁTICAS de auga doce, coma LALA a tartarga de ZOE (que pasou todo o 1º trimestre con nós). Por iso nos fixo moita ilusión poder ver de preto unha tartaruga terrestre.



O primeiro que fixemos foi intentar clasificala:
* REPTIL
* OVÍPORA
* HERBÍVORA: come verduras pero tamén lle encanta a froita.
* Ten 4 PATAS fortes recubertas de duras escamas que rematan en uñas. 
* Ten un CAPARARAZÓN que leva a costas e que lle serve de escudo protector no que se esconde ante os perigos.

*CURIOSIDADE: sabedes porque se di a expresión "ERES TAN LENTO COMA UNHA TARTARUGA" ...
Imaxinade que tedes que camiñar cun gran peso ás costas, poderíades ir rápido? Pois as tartarugas ao ter que levar o seu caparazón van lentas.



Ademáis da forma do caparazón, a gran diferencia entre as tartarugas terrestres e acuáticas son as patas:
(Buscamos imaxes na PDI para comprar e percibir as diferenzas)



*TERRESTRES: patas preparadas para camiñar.





* ACUÁTICAS DE AUGA DOCE: son semiacuáticas de maneira que as súas patas teñen menbranas que lle permiten nadar pero tamén teñes uñas para camiñar.






*MARIÑAS: teñen aletas.







Despois de falar un pouco sobre as tartarugas, as características dos diferentes tipos, tocamos á TARTARUGA TERRESTRE.






AS NOSAS TARTARUGAS TERRESTRES


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.