martes, 21 de abril de 2015

ABECEDARIO DE ANIMAIS

Case calquera cousa serve para aprender algo... calquera! Incluso as tapas dos iogures!

ABI trouxonos unha colección de tapas dos petis que merenda: primeiro trouxonos unha sobre as profesións e a agora trouxo unha sobre os ANIMAIS, o noso tema estrela deste curso.



* Aproveitamos para repasar o abecedario, letra a letra... pensando e falando sobre cada animal e parándonos nas iniciais dos nosos nomes.




* Se tomades este tipo de producto podedes gardar as tapas para xogar con elas. Tamén podedes traelas ao cole para ampliar a colección (Nas profesións fáltanos a I, nos animais fáltannos F, W, X, Y)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.