xoves, 9 de abril de 2015

OS NOSOS PELUCHES!

Hoxe varios pequechos trouxeron peluches de animais. Durante a asamblea ensináronllos aos seus compañeiros, e aproveitamos para falar un pouquiño de cada un, repasar o que aprendemos sobre os animais: que características teñen, a que grupo pertencen, por onde se desprazan, que comen, que son emiten...



PONI: os ponis son cabalos de pequeno tamaño, o que trouxo LUCÍA era fantástico, pois non existen ponis desas cores. Pertence ao grupo dos mamíferos, é un animal terrestre, a súa alimentación é herbíboro. O poni, ao igual que o cabalo, relíncha, fai: hiiiiiii!


CAN: o canciño que trouxo DAMIÁN e de raza dálmata, branco con manchiñas negras. Tamén pertence ao grupo dos mamíferos e é terrestre. En canto a alimentación recordamos que os cans son carnívoros, pois comen carne (ou pienso feito con carne) pero NON comen OSOS, xa que os osos solo os roen para limpar e afiar os dentes.
Os cans ladran: guau guau...

ORCA: tamén coñecida coma balea asasina. Esta que trouxo GABRIEL fíxolla a súa avoa cosendo, e quedou super realista, unha chulada!
A orca recordábamola do proxecto da auga do curso pasado na que xa falaramos dela, polo que sabíamos que NON é un PEIXE senón un mamífero acuático: non ten escamas, non pon ovos e non respira por branquias, pois teñen un buratiño na parte de arriba da cabeza, chamado espiráculo, polo que saen á superfie para respirar.

OSO: con este osiño de PAULA recordamos cando falamos, hai pouco, dos diferentes tipos de osos.

CABALIÑO DE MAR: que tamén trouxo PAULA. Explicamos unha caracterítica ue fai especial a este animal: é o MACHO o que se queda "embarazado". Como era de cor rosa suscitou unha controversia que me permitiu traballar a igualdade de xénero e os pensamentos non sexistas: a cor rosa é unha cor máis que tanto serve para nenos  coma nenas, homes ou mulleres, machos ou femias, igual que o azul, verde, vermello... tan só se trata de gustos. (É importante que dende a familia traballedes este tipo de conceptos cos pequenos, xa que de maneira subliminal moitas veces introducimos ideas sexitas sen decatarnos).
Despois de observar ao cabaliño de mar, fixámonos en que tiña unha "barriga" moi grande, de xeito que se trataba dun macho. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.