luns, 13 de abril de 2015

MUSICONTOS

Hoxe viñeron a actuar ao cole os MUSICONTOS


Contáronnos un conto acompañado con música sobre un príncipe que vivía no país de AZELEB, un lugar cheo de lixo. E antes de converterse en Rei, o príncipe púxose a percorrer o país para aprender diferentes profesións, e de paso limpar todo o lixo e converter Azeleb nun lugar limpo e fermoso.


Ensináronnos a importancia da RECICLAXE, e en que contenedor debemos botar a basura. Ao longo da actuación tamén nos foron presentando os diferentes instrumentos.


O príncipe soñaba cun país limpo e ao final conseguiunoe transfourmou o reino de AZELEB no reino da BELEZA!


Os Musicontos conectaron cos pequenos dende o primeiro momento, captando a súa atención coa historia e coa música, facéndoos participes ao longo de toda a actuación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.