mércores, 29 de abril de 2015

DÍA DOS ANIMAIS

Hoxe foi o DÍA DOS ANIMAIS, para nós un día sinalado no calendario debido á importancia que ten dento do proxecto que estamos levando a cabo este curso.


Hoxe recordamos a importancia que teñen os animais para as persoas:
* A compaña e o cariño que nos dan as mascotas.
* A axuda e os productos que nos dan os animais da granxa.
* O vitais que son os animais no ciclo da vida.
* A gran diversidade de animais que existe.

Para celebrar este día, os pequenos, elexiron unha carauta dun animal, para colorear, meterse no papel dese animal, imitalo e logo levala para a súa casa!



* LEMBRADE: A pesar de que hoxe era o seu día, hai que coidar e respectar aos animais TODOS OS DÍAS DO ANO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.