martes, 21 de abril de 2015

EN CONTACTO COS ANIMAIS

Hoxe ZOE trouxo ao cole unhas FOTOS moi chulas nas que saía ela, cos seus pais e uns amigos rodeados de diferentes animais.

Eran fotos dunha visita que fixeron unha granxa particular que queda pola zona de Betanzos. E como estamos traballando co proxecto dos animais Zoe trouxo as fotos para ensinarllas aos seus compañeiros.

* Primeiro foilles ensinando as fotos unha a unha e contándolle de que animal se trataba e como era...  
Tivo a sorte de ver e tocar animais incribles!


* Logo colocámolas sobre a mesa para que en pequenos grupos se acercasen para observalas de preto...




* E por último buscamos imaxes dos animais que vira Zoe na PDI para pararnos detidamente a analizar cada un.




Encántanos aprender sobre os animais a partir de cousas que os nosos compañeiros traen ao cole.

Moitas grazas Zoe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.